La madre de Nico (18 años), atropellado por un autobús en Touro en Año Nuevo: «Solo pienso en los días que le quedaban de vida. Y yo sin saberlo»
Ana perdió a su hijo a la salida de una macrofiesta arrollado por un bus que iba a coger para regresar a casa: «Volverán a cargarse buses llenos de jóvenes promocionando salidas seguras. ¿Seguras?»

Nico, junto a su madre, Ana, el día de su gradación de Bachilerato. / L. O.
Esta é unha carta escrita por Ana. Unha nai que perdeu a Nico o 1 de xaneiro deste 2025, cando un autobús —que debía levalo de volta a casa despois de celebrar a entrada do ano novo na sala Dona Dana— truncou para sempre a súa vida. Soños por cumprir, datas por celebrar, conversas por manter... As palabras de Ana nacen da ferida aberta, do amor infinito e da necesidade de que ninguén esqueza a quen xa non pode volver. «Nestes días solo penso que lle quedaban tantos día de vída e eu sen sabelo», relata.
«Achégase o día no que ti non volvestes cruzar a porta da túa casa co teu ‘Hola’ que soaba cantando, meu neno rubio. E non quero ter que revivir esa madrugada que me deixou conxelada para o resto da miña vida.
Sigo atrapada nese momento mentres vexo que o mundo segue como se non pasase nada, como se só me doese a min. O mundo celebra as vacacións, as verbenas, os festivos… mesmo se vai volver celebrar outro fin de ano onde ti deches o teu último suspiro de vida, dunha vida que che gustaba tanto desfrutar. Unha vida arrebatada, que eu intento honrar colocando un monólito onde che regalo flores, e nin iso me respectan, meu Nico, xa que se atreven a destrozar a vela que che alumea na noite escura.
Volveranse cargar autobuses cheos de rapaces para festexar e recibir un novo ano que a ti che negaron, promocionando «saídas seguras», «non collas o coche». ¿Seguras?
Acaso houbo algún tipo de seguridade para ti? Para protexer a túa vida? E eu sigo cun puñal cravado que me atravesa dende o peito ao corazón e que me impide respirar.
Quéroche meu neno pequeno».
Suscríbete para seguir leyendo
- Galicia se prepara para una ofensiva de lluvias: la Aemet anticipa una semana de frentes atlánticos
- Goretti' impacta en Galicia con un temporal de lluvia y fuerte oleaje
- El tardeo golpea las carreteras en Galicia: estas son las cifras
- El PP sitúa a Galicia como “el espejo” en el que se miran otros territorios
- Interior da un plazo «razonable» sin multas por no llevar la baliza V16
- Rueda erige la “fórmula del PP en Galicia” como la que debe extenderse a toda España
- «Un episodio aislado» visibiliza la debilidad del neofascismo en Galicia
- Renfe lanza este jueves su campaña 'Superprecio' con la venta de billetes en AVE desde 15 euros y en Avlo, desde 7