Morre Francisco García, histórico do BNG e alcalde de Allariz ata 2018
Gobernou a súa vila natal durante 18 anos, con maiorías absolutas | Do denominado Clan de Allariz, traballou por un nacionalismo de goberno e por ampliar a base social

Francisco García, exalcalde nacionalista de Allariz. | Iñaki Osorio
R. S.
Francisco García, histórico dirixente do BNG e alcalde de Allariz entre 2000 e 2018, morreu a noite deste venres aos 69 anos no hospital de Ourense. A súa figura transcende a súa vila natal. Formou parte do denominado Clan de Allariz, un grupo de dirixentes que acadou unha gran influencia dentro da formación nacionalista a partir dos anos 90. Este grupo non era unha corrente oficial dentro do Bloque, senón un núcleo político que compartía unha orixe común: a vila alaricana e o éxito do seu modelo de xestión municipal que perdura ata hoxe.
O clan estaba formado por Anxo Quintana, que foi o alcalde de Allariz entre 1989 e 2000 e vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Igualdade e Benestar entre 2005 e 2009. Integraba tamén o núcleo Alfredo Suárez Canal, peza clave no grupo parlamentario do BNG e despois conselleiro de Medio Rural no Bipartito.
O clan de Allariz representou unha visión pragmática dentro do nacionalismo galego dos inicios dos anos noventa, intentando conectar co electorado máis alá da militancia e buscando un perfil de nacionalismo de goberno. Unha impronta que Francisco García tentou trasladar a toda a formación nacionalista na súa longa etapa como secretario de Organización.
O seu pasamento causa un fondo pesar entre os familiares, achegados e compañeiros. O tanatorio de Allariz acolle o velorio hoxe pola mañá, entre as 10.00 e 14.00 horas. Na Praza do Concello haberá un acto de despedida, ás 17 horas.
«Doe profundamente a morte de Francisco García. Marcha un exemplo de compromiso con Galiza, de xenerosidade e de humanidade. É unha das persoas que máis admirei e das que máis aprendín no BNG, sempre co seu sorriso e optimismo», manifestou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón..
Ademais de histórico alcalde de Allariz durante case dúas décadas, tamén era diplomado en Maxisterio e exerceu como vicepresidente segundo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). «O seu exemplo vai seguir sempre presente entre nós», dixo Pontón, antes de trasladar o seu pésame á súa familia, amigos e veciños».
- Los promotores: «Hoy no se puede construir un 600, se exige un Mercedes; y eso encarece los precios»
- El invierno dispara las alertas por termitas: devoran la ciudad y el rural
- Un preso de Teixeiro destroza la tibia a un funcionario que intervino en una pelea
- La Xunta anuncia un giro histórico en el SAF: 150 millones más con casi el doble por hora hasta 2028
- La Xunta investiga posibles irregularidades en las oposiciones a Policía Local
- Ganadería Pazos, pionera en Galicia desde Dumbría: «La montamos por necesidad»
- Las claves del sector para abaratar la vivienda: dividir pisos amplios e industrialización de las obras
- Un funcionario en la cárcel de Teixeiro: “Esto es trabajar en emergencia permanente”