A Xunta móstrase "en condicións" de "moverse" da súa posición para chegar a un acordo sobre o galego
O presidente da RAG recorda que eles xa propuxeron con anterioridade a necesidade dun pacto en relación á situación "delicada" da lingua

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reunido co presidente da RAG, Henrique Monteagudo / Cedida
E. P. | R. S.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, pediu este xoves á oposición política un "esforzo especial e extraordinario" sobre as cuestións abordadas na proposta da Xunta para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, así como que entendan o documento como un "paso adiante" por parte da Xunta. "Creo que hai pasos importantes onde este documento acredita que estamos en condicións de movernos da nosa posición para intentar poder chegar a unha negociación", clarificou.
Un día despois da presentación do documento nun multitudinario acto, o titular de Lingua entregou ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, a versión impresa do plan, de case 400 páxinas. Este último recordou que a institución que dirixe xa propuxo con anterioridade a necesidade dun pacto en relación á situación "delicada" do galego e a outros factores, como o "desacordo político importante". "A grandes males, grandes remedios", suxeriu. Ao respecto de como este "se vai traducir en medidas de goberno", cre que iso "xa é outra fase distinta da acción de goberno".
Así, López Campos considera que estas primeiras declaracións "poden ser froito do descoñecemento", dado que ve "imposible" analizar "en profundidade" un documento "tan complexo" en pouco tempo. É por iso que espera que exista a "tranquilidade" para analizar a situación e "debatir a diverxencia". "Evidentemente hai posicións distintas", admitiu, ao tempo que engadiu que "é moito máis o que nos une que o que nos separa".
Preguntado en concreto polo disenso político polo decreto de plurilingüismo, que deixa ao castelán as materias de ciencias, o conselleiro insistiu en que ceñir o plan a esta cuestión é "unha visión reduccionista", aínda que remarcou que en ningún caso suporá "unha liña vermella" para alcanzar un acordo. Deste xeito, igual que na xornada anterior, indicou que o Goberno galego está disposto a realizar "axustes" nas distintas normas "sempre que dean condicións para un acordo", así como "un equilibrio lingüístico".
Fuente: El Correo Gallego
- Tráfico blindará las carreteras gallegas con controles de alcohol y drogas: dónde se harán y a qué horas
- El mapa de los 928 positivos en Galicia en solo una semana: la DGT destapa las provincias con más riesgo al volante
- Unas orcas hunden un velero a 1,3 millas de Estaca de Bares, en el norte de la provincia de A Coruña
- Jacobo (36 años, vecino de Vigo) condujo sin carné desde los 15 años y pasó ocho en la cárcel: «Yo tuve suerte, otros no llegan a contarlo»
- Galicia, en rojo por el mal estado de sus vehículos: uno de cada cuatro suspende la ITV
- El golpe de una ola deja inconsciente a un joven en la playa de A Frouxeira, en Valdoviño
- Neumáticos al límite y marcas blancas, los indicadores de la crisis en los talleres de Galicia
- La Asociación Érguete en Galicia transforma condenas en segundas oportunidades a través de la educación vial