Lingua galega
Anpas Galegas ve na proposta de actualización do Plan de Normalización Lingüística unha mera «declaración de intencións»: «Por que non falamos directamentede cambio de normativa?»
A Confederación asegura que os datos sobre a «emerxencia lingüística» non son para «andar con vaguidades» e que a escola é «a principal causa da perda» do galego

O conselleiro de Cultura e Lingua, a semana pasada presentando a proposta de actualización do plan. / Europa Press
R. S.
Tras presentarse a semana pasada a proposta de actualización do Plan de Normalización Lingüística, a Confederación de Anpas Galegas reaccionou este luns ao documento, no que ve unha mera «declaración de intencións» que «non é suficiente» para facer fronte á «emerxencia lingüística» na que se atopa o galego. Neste sentido, a asociación de nais e pais de alumnos reitera a necesidade de modificar a normativa educativa por ser un eido fundamental para «recuperar a lingua».
Desde 2010, en Galicia o reparto lingüístico na educación formal faise en base ao establecido no coñecido como o Decreto do Plurilingüismo, que fixa dúas cuestións que están dende entón no seo do debate. Por unha banda, na modalidade ordinaria a metade das materias debe impartirse en galego e a outra metade en castelán, e na bilingüe, repártense a tres partes iguais tamén co inglés. Pola outra, acouta que materias se poden dar en cada idioma, sendo o galego obrigatorio nas que teñen máis carga lingüística e o castelán, nas de ciencias, como Matemáticas. Isto choca, por exemplo, coa Carta Europea das Linguas, que aboga pola liberación das materias científicas de cara a dar máis prestixio ás linguas minorizadas.
É a esta cuestión á que Anpas Galegas fixo referencia no seu comunicado, en liña con reivindicacións anteriores, ao entender que esta cuestión debería terse abordado de xeito directo na proposta. «Por que non falamos directamente de cambio normativa? Sería a única garantía real para acadar os cambios necesarios. Cambio de normativa e un estrito seguimento do seu compromiso porque a gravidade da situación o require», sinalan, asegurando que a recuperación da lingua galega non pasa «nin por boas prácticas, nin por recomendacións, nin por incentivos». Se ben é imprescindible para recuperar a lingua, a escola, indican, tamén é actualmente «a principal causa» da súa perda.
O documento si contempla a posibilidade de negociar este reparto, pero sempre mantendo o equilibrio lingüístico entre as dúas linguas cooficiais da comunidade e supeditada a unha unanimidade entre as forzas políticas que por agora semella, cando menos, complexa.
Para Anpas Galegas, o que o galego precisa son «medidas concretas», porque as familias queren que os seus nenos e nenas «teñan lingua propia, de seu, que se sintan seguros e seguras dela, de utilizala, de comprendela totalmente e que se sintan orgullosos, tamén, da súa cultura».
«Por suposto que queremos que adquiran competencias noutras linguas», apuntan, indicando que «como mínimo» os cativos deben dominar tamén o castelán, pero esta, salientan, «é a lingua cooficial e non é escusable que a nosa lingua desapareza baixo ela», dado que «non partimos dunha situación de igualdade». «Se realmente todo este tempo e esforzo se dedicara a buscar solucións, estariamos no bo camiño. Non deixa de sorprender a capacidade deste goberno para tomarnos o pelo e facernos perder o tempo», conclúen.
Suscríbete para seguir leyendo
Fuente: Faro de Vigo
- Unas orcas hunden un velero a 1,3 millas de Estaca de Bares, en el norte de la provincia de A Coruña
- Galicia, en rojo por el mal estado de sus vehículos: uno de cada cuatro suspende la ITV
- El golpe de una ola deja inconsciente a un joven en la playa de A Frouxeira, en Valdoviño
- Neumáticos al límite y marcas blancas, los indicadores de la crisis en los talleres de Galicia
- Investigado un conductor multirreincidente al volante sin carné y bajo los efectos de las drogas
- ¿Qué es el mar de ardora? El fenómeno que hace brillar las aguas de Galicia
- Insumisos al volante: circular sin carné en Galicia ya lleva a más conductores al banquillo que el alcohol y las drogas
- Fallece un hombre en Trabada (Lugo) al salirse de la vía con su coche y precipitarse por un desnivel