"Homes e mulleres de entre 25 e 45 anos, con poder adquisitivo medio-alto, interesados na moda, música, viaxes, tecnoloxía, arte, literatura e novidades culturais en xeral". Este é o público que o Consorcio As Mariñas quere captar en Londres para promocionar a comarca coruñesa. Para convencer aos veciños da capital británica o Consorcio aposta sobre seguro: ofreceralles degustación gratuita de bebidas "de máxima calidade" e prioritariamente da área metropolitana. Haberá viño tinto e branco, orujo, licor café e licor de herbas, cervexa e outros destilados. Como máximo, tres catas de alcohol por persoa.

Estas degustación, así coma un concerto nun teatro ou sala "emblématica" de Londres cun recoñecido grupo británico acompañado dun grupo ou artista coruñés, conforman a última campaña promocional do Plan de Dinamización do Producto Turístico da Área Metropolitana de A Coruña.

O Consorcio acaba de adxudicar esta campaña promocional á empresa relacionada coa restauración Adhesión Mercantil Coruñesa SL por un importe de 127.118 euros sen IVE. Esta campaña deberá de facerse en Londres o mes que vén ou como moi tarde ata o 10 de novembro, segundo o prego de condicións do contrato.

Xunto coa bebida, os ingleses tamén probarán a comida da comarca: a adxudicataria deberá buscar un restaurante español de prestixio en Londres onde organizar xornadas de cociña galega con apoio dun cociñeiro coruñés. Tamén neste caso haberá productos típicos da comarca. Ofertaranse menús coruñeses a un prezo de entre 25 e 35 libros (a campaña subvencionará ao menos o 40% do prezo). Esta acción gastronómica terá lugar no distrito financeiro, o Canary Wharf.