17 de febrero de 2013
17.02.2013
OLEIROS
OLEIROS

A Casa da Felicidade de Santa Cruz

Nunha vivenda desta localidade oleirense viviu o pintor Francisco Miguel e a súa dona Syra Alonso ata que el foi arrestado, torturado e paseado, ademais de cortarlle as mans, en 1936

18.02.2013 | 02:15
Vivenda en Santa Cruz onde viviu a parella e os tres fillos ata o asasinato do pintor en 1936. Imaxe de Syra e Francisco Miguel cos fillos en Cuba. / l. o.

Na vivenda que leva o número 1 na rúa Souto da localidade de Santa Cruz residiu durante pouco máis dun ano a muller e os tres fillos do pintor, debuxante e libreiro Francisco Miguel. Gustáballes tanto que lle chamaban A Casa da Felicidade. Pero ás súas portas chamaron en 1936 os franquistas, con axuda de "traidores" da vila, e o artista foi fusilado despois de cortarlle as mans. Syra Alonso relatou o sucedido nuns diarios, que rematou en México, onde residiu ata a súa morte. A biblioteca de Santa Cruz expón a súa historia

"Catro vívoras ocultábanse: eran eles os caciques de Santa Cruz. Informados por labregos traidores estes catro amos do lugar só agardaban o momento favorabel para lanzarse sobre nós. Amencer do día 2 de agosto. Á porta da miña casa, un home". Así relata Syra Alonso no seu diario cómo prenderon por primera vez ao seu home, o pintor Francisco Miguel, despois de ir buscalo á súa vivenda, unha casa que todavía está en pé na localidade de Santa Cruz en Oleiros á que o matrimonio chamaba A Casa da Felicidade. Nela viviron pouco máis dun ano, ata que Francisco Miguel foi paseado en setembro de 1936.

A biblioteca municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz expón estes días unha mostra en recordo da parella. A biblioteca, o Concello e o instituto Miraflores s tamén organizan un roteiro cultural, que se fará próximamente, no que a casa do matrimonio será unha parada obrigada. Nesta vivenda viviu Francisco Miguel e Syra Alonso xunto cos seus tres fillos e nos diarios que escribiu ela tras o asasinato do home sempre lembrou este fogar. Nestes diarios tamén cita con nomes e apelidos a veciños de Santa Cruz que traizoaron ao seu home e que causaron a súa morte. Ao longo da súa curta vida Francisco Miguel retratou moitas veces a Syra (hay un último debuxo feito en Oleiros). O Concello de A Coruña posúe 42 debuxos do artista.

Francisco Miguel Fernández Díaz naceu en A Coruña en 1897. Rexentou a Librería de Arte na rúa Real en A Coruña, onde facía tamén tertulias con intelectuais galegos. Este debuxante e pintor amais de libreiro casou en 1920 con Syra Alonso, moza dunha familia da burguesía comercial coruñesa que será tamén a súa musa.

Syra tivo un fillo en París tras ter primeiro un aborto, o que lle causo unha sordeira progresiva. Tras unha estadía breve nunha finca en Cambre, foron a Cuba e logo a México onde coñeceron ao poeta León Felipe, ao muralista Siqueiros e á poeta Blanca Luz Brum. En México Syra e Francisco Miguel terán dous fillos máis. Anos despois, o 10 de novembro de 1933 voltaron a España. Primeiro pasaron un ano en Madrid e logo foron a Galicia e ficaron na casa de Santa Cruz.

Unha denuncia falsa dun antigo militar afincado en Santa Cruz motivou a detención de Francisco Miguel en agosto de 1936. Syra Alonso no seu diario lembra o nome do denunciante, Ventura Ose, e asegura que Francisco Miguel foi o que convenceu a un grupo de obreiros refuxiados no seu fogar de non atentar con bombas de man contra a casa do militar e a muller. Non houbo atentado pero sen embargo Ose denunciounos a todos.

Ao pintor acusárono de ser un "coñecido líder marxista" que o 18 de xullo de 1936 saiu "con cincuenta labregos armados co fin de atacar o glorioso exército nacional". Tamén o acusaron de "propagar rumores de incautación de armas", segundo relatou Syra Alonso.

Alonso fixo todo tipo de xestións con desesperación para liberar ao seu home do cárcere e logrouno o 15 de agosto. "Foi un dos días máis felices da miña vida", escribriu no seu diario. Foron cara a "Casa da Felicidade" para festexar a liberdade pero de novo foron petar na porta para prender a Francisco Miguel. "Xulio Pita, Fernando Pita, Horacio, O Petexo e dous labregos", son os "traidores" que nomea a muller nos seus diarios coma os que levan ao home ao cuartel da Garda Civil de Oleiros. O artista xa non volveu. O 28 de setembro os franquistas fendéronlle a cabeza e cortáronlle as mans antes de fusilalo, ao igual que fixeron co cantautor Víctor Jara, e foi enterrado en Bértoa (Carballo). A amputación das mans como maneira de castigar o talento por parte dos que tiñan o poder pero non a cultura nin a intelixencia.

Syra e os fillos fuxiron de Santa Cruz ante a represión que sufriron trala morte do pintor e viaxaron de novo a México, onde ela morreu en 1970. "¡Adeus praia da Aguieira! ¡Adeus montes de Mera!", escribiu Syra nos diarios (escritos en Tordoia e en México) e que foron publicados en 2000 por A Nosa Terra despois de traelos de México o seu fillo Juan Ramón.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

LA OPINIÓN A CORUÑA te invita a disfrutar del partido que enfrentará, en el Estadio ABANCA Riazor, al Deportivo contra el Zaragoza este domingo a las 20.30.

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

esquelasfunerarias.es