O xornalista e escritor Juan Tallón (á dereita da imaxe) obtivo o primeiro premio da vixésimo segunda edición do certame de narracións breves Manuel Murguía, dotado de 3.700 euros, co seu traballo Consanguíneo. Na gala celebrada onte no centro cívico, na que ofreceu unha actuación a soprano Julia Cea, tamén estiveron presentes os outros dous finalistas Xosé Alfredo Naz e David Pérez (ambos na imaxe). / Redacción