SADA

O exalcalde Abel López pecha a candidatura do BNG ás municipais

Redacción | sada

O BNG de Sada realizou onte o acto de presentación da sua candidatura ás próximas municipais, refrendada por unanimidade en asamblea, e a relación de 17 nomes péchaa o que foi alcalde, Abel López Soto. Na candidatura hai cinco non militantes. "Non me sinto un político profesional. Son un comerciante fillo dun mecánico fresador e dunha tendeira. Neto e bisneto de sadenses aos que lles tocou emigrar", contou o cabeza de lista, Liss Becerra, que lembrou que non son "paracaidistas" e lembrou que o Gobierno actual nin aprobou o PXOM nin o presuposto.

"Procuraremos quitar a Sada das páxinas de sucesos. Basta xa de paseílllos polos xulgados, de denuncias interminables", dixo o candidato, que presentou unha "auténtica candidatura de unidade popular", con caras novas e veteranas coma Carlos Babío (15) ou Ximena Campos (16).

Tracking Pixel Contents