OLEIROS

El Ceida organiza para o 25 de abril unha xornada sobre as libeliñas

Redacción | oleiros

As Libeliñas como recurso interpretativo e educativo é o título da xornada que tendrá lugar o próximo 25 de abril no castelo de Santa Cruz organizada polo Centro de Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida). O curso, que custa trinta euros, será impartido por Miguel Fernández Martínez, biólogo e autor de guías da natureza, das ribeiras e das libeliñas de Galicia.

A xornada comenzará ás dez da mañá e rematará ás oito da tarde, e inclúe unha introducción aos insectos e os seus hábitats, obradoiros para identificar libeliñas, fundamentos de interpretación ambiental, un obradoiro de experiencias en interpretación do medio natural e unha exposición sobre turismo entomolóxico, entre outros. O cursiño está dirixido a educadores ambientais, técnicos de turismo e medio ambiente, empresas turísticas ou monitores de tempo libre, entre outros.

Tracking Pixel Contents