Preto dun milleiro de persoas comeron onte á sombra das árbores do parque de As Torres en Santa Cruz na XXII edición da Romaría das Merendiñas, que xunta aos maiores de 60 anos (alcalde incluido) nunha xornada de convivencia que lembra a antiga tradición das merendas campestres. Os participantes, que chegaron en buses dispostos polo Concello, degustaron coma sempre de empanada, roxóns, o sagrado chourizo de Santaia, larpeira, queixo e marmelo. Pola tarde houbo música e baile coa orquesta Os Senadores.