Compartir unha comida, unha conversa e unhas pezas musicais baixo a sombra das árbores. Eso fixeron o pasado domingo sete agrupacións folclóricas do municipio de Oleiros nunha Foliada Tradicional que organizou o Concello para fomentar o espírito de convivencia, compartir experiencias e novos proxectos. Integrantes de grupos de baile e música de O Amanexo de Dexo, Os Rueiriños de Nós, Santaia de Santa Cruz, Semente Nova de Perillo, Dorna de Dorneda, Folliñas de Oleiros e Frouma, disfrutaron dunha xornada na que todos puideron botarse a tocar ou bailar libremente e na que os máis pequenos tamén mostraron os seus coñecementos. Para os rapaces ademais houbo oferta de xogos tradicionais, cos que puideron poñer a proba a súa habilidade e inxeñio. Realizáronse máis de trinta xogos, feitos de forma artesanal a partir de materiais de refugallo. Ao final houbo queimada.