O Concello de Oleiros está a repartir un abecedario ilustrado en galego entre os nenos que rematan este ano o seu paso polas escolas infantís públicas do municipio. Os alumnos das escolas A Pardela, As Galeras, A Canteira e A Braña que o próximo curso empezarán nos colexios de Infantil e Primaria recibiron onte esta publicación dirixida a que se inicien nas letras e nas súas primeiras palabras en galego.O abecedario está ilustrado por Óscar Vilán.

Estes libros tamén se trasladarán ás aulas de Ensino de Infantil dos colexios e ás bibliotecas municipais para que toda a poboación teña acceso a eles.

A publicación ven acompañada dun proxecto didáctico con propostas de actividades e un vídeo musical de Maxín Blanco co que se pretende que os nenos aprendan o abecedario galego cantando e bailando.