Na reunión do outro día todo era paz e gloria, todos contentos. Diego Calvo, facéndolle caso a Rosa Gallego, boicotea a área. O mesmo que quería casar municipios cando gobernaba, agora quere separar. A área metropolitana é algo imparable. O presidente da Xunta impúxoa en Vigo, e aquí? O Consorcio agora non existe, a mancomunidade que iamos crear xa non serve para nada, hai que facer xa a área metropolitana. Hoxe estabamos sete, suficientes para arrancar. Os outros sumaranse porque non hai máis remedio.