Todos os alcaldes amosaron o pasado luns unanimidade sobre a conveniencia de dar este paso, e houbo unanimidade para fixar esta data de sinatura. Lamentamos a actitude da dirección provincial do PP dificultando que algúns alcaldes fixesen o que o luns querían facer. Díxenlles a Arteixo e Abegondo que estaban cometendo un erro pero a man está tendida. Van estar aquí, non cabe outra idea nas nosas cabezas, aínda que decidisen outros tempos. Sería difícil de entender que o que o PP quixo para Vigo non o quixese para A Coruña.