Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A CORUÑA

Galicia ten novo himno: ao Povo Ceive

O Orfeón Herculino festexa o seu 29 aniversario cun concerto mañá sábado no que estreará a composición do sadense Xosé Farruco

Cartel do concerto do Orfeón Herculino, con Xosé Farruco na imaxe. la opinión

Cartel do concerto do Orfeón Herculino, con Xosé Farruco na imaxe. la opinión

M. Villar | a coruña

"Sempre é un éxito que unha agrupación musical da calidade do Orfeón Herculino teña a valentía e a dignidade de tocar unha peza reivindicativa", explicou Xosé Farruco Fernández Rivas, un veciño de Sada que no 2014 compuxo a letra e a música do Himno para un Povo Ceive, e que o Orfeón estreará mañá sábado no concerto que ofrecerá no auditorio da Casa da Cultura sadense ás 20.00 horas.

Xosé Farruco non se dedica profesionalmente á composición musical porque para él é unha afición, a súa paixón, e leva moitos anos compoñendo pezas que despois lles presenta a distintas agrupacións musicais por se as queren incorporar ao seu repertorio.

"Esto faise gratis porque se lle quere ó noso país e á nosa xente", conta Farruco, que tamén compuxo pezas sobre temas como a lingua ou os incendios forestais, e foi o primeiro en dedicarlle unha composición á nespra velutina.

"E ó mencer á sombra dos castiñeiros durmirei sen a néboa escurecida; coa fuxida de traidores mentireiros, sairá da invernía, nosa Patria esquencida", dí unha das estrofas da composición que tocará o Orfeón Herculino, e que anuncia unha próxima, ou desexada "patria liberada".

O Orfeón Herculino xa estreou en 2013, polo seu 25 aniversario, outra peza de Farruco, a Foliada das Rías Medias, que tamén se vai oir no concerto deste sábado en Sada. Esta foliada, despois o Himno ao Povo Ceive e logo o Grándola, serán as últimas pezas en interpretarse nun acto que rematará con himno galego oficial, o de Pondal con letra de Pascual Veiga.

Tracking Pixel Contents