O xurado do premio de narracións breves Manuel Murguía que organiza o Concello de Arteixo anunciou onte que os tres finalistas que optarán ao primeiro premio son Jesús Amboade, Noelia Cendán e Teresa Moure. En total presentáronse 58 relatos, dos cales foron admitidos 52. A cerimonia na que se entregarán os premios do certame realizarase o 19 de maio no centro cívico de Arteixo.