A escritora Teresa Moure foi a gañadora da XXVI edición do certame de narracións breves Manuel Murguía co seu relato A semântica oculta de Mrs. Hockett, segundo anunciou onte o Concello de Arteixo, que é o organizador do concurso. Moure obtivo o primeiro posto, dotado con 4.000 euros de premio. En segundo lugar quedou Noelia Cendán, que obterá 500 euros. Participou con Corazón de Aquiles. O terceiro posto (dotado cun galardón de 300 euros) foi para Jesús Amboage, que concursou con Reversible.