- Que balance fai desta primeira metade do mandato?

-Positivo. Tiñamos un programa ambicioso e ímolo cumplir. Pode quedar algunha obra ao mellor grande como o saneamento, que non podamos chegar a todos os núcleos, porque non depende directamente do Concello. Augas de Galicia cobra un canon e eses cartos revirten en melloras. E a Deputación debía quitar axudas para colaborar no medio ambiente.

- O plan único deixa investir no que se queira. A que o adican?

-O plan único o que fai é un pouco despistar, porque si sumas distintos planes que houbo no 2016 e ao Concello de Carral fáltanlle 97.000 euros en 2017 con respecto ao ano pasado. Dannos me parece que 585.000 euros.

- E a que os adica?

-Sobre 300.000 euros a inversión, e a gasto corriente e amortización de capital da débeda o resto.

- Para saneamento nada?

-Se queres explícoche por que.

- Si.

-Temos tres depuradoras, unha con capacidade para 8.000 habitantes e temos 6.000. Hai que ver se é mais rentable un bombeo ou unha depuradora das que apenas teñen matenemento e custos. Temos a base das cousas básicas que ao mellor non teñen concellos como Oleiros ou Culleredo, máis importantes. E temos a depuradora e o abastecemento. Secará a presa de Cecebre, pero si ves vivir a Carral vas morrer de sede máis tarde que os outros, porque captamos no Barcés.

- E por que non adica fondos do plan único a saneamento?

-Nós agora o que necesitamos para saneamento son colectores. Porque o básico é onde vas botar a merda. Poñer tubos costa pero non é tanto misterio. Tes oído falar a central térmica de Meirama, que quedou un burato que se encheu cos afluentes do Barcés e agora van regular por se fose necesario, se A Coruña, Cambre e todos eses morreran de sede. E esa infraestrutura vaise facer en Carral. E como Aguas de Galicia vai ter que afectar aos veciños, porque terá que cortar algún árbol ou expropiar algunha zona, e como Carral ten aínda tres parroquias, sobre mil habitantes, sen saneamento, eu espero, e así é o acordo, que nos fagan o colector para esa depuradora marabillosa que che dixen. E así estaría completado o saneamiento integral do concello.

- Entón para que quere máis axudas da Deputación?

-Porque nalgúns núcleos hai que estudar a viabilidade de poñer unha desas depuradoras anaeróbicas que as hai piloto en Abegondo e están funcionando moi ben, para 90 ou 100 personas. Bueno, pois iso ao mellor non mo fai Augas. A min paréceme moi ben o plan único, pero fáltanme 97.000 euros, vale?

- Vale. E os que hai, a que obras se adican?

-O máis básico é o asfalto. O que anda no coche batendo cos baches continuamente acórdase do alcalde todos os días. E por desgracia de momento non existen asfaltos eternos. Eu levo 14 anos de alcalde e nalgunhas carreteras parece que foi onte pero xa hai que volver a botar.

- E despois de 14 anos vaise volver presentar á Acaldía?

-Pois... Non sei se lle fixeches esa pregunta ao de Culleredo.

- Varias veces.

-E que che contestou?

- Xa se me xubilou máis dunha vez.

-Pois eu penso xubilarme cando os veciños queiran.

- Entón, se non gana as eleccións vaise.

-A que lle chamas gañar?

- A quedar de primeiro.

-E quedar de primeiro non supón moitas veces ser alcalde, ou si?

- Non.

-Ah. Pois mira cantas cábalas podemos facer.

- Como afecta ás contas o pago da débeda?

-Temos un crédito do ICO. Houbo un baixón moi grande nas licencias de construccións en 2009 e coulleunos unhas obras que había que facer, como a escola infantil, para a que nos deron 595.000 euros porque crían que chegaba unha para 42 nenos en vez de para 94 como está agora, e tivemos que poñer nós o resto. Foron 2 millóns de euros. A obra estaba en marcha e houbo que endebedarse.

- Remontaron as licencias?

-Non. Seguimos igual. Viviendas unifamiliares e pouco máis. Edificios non.

- Hai bastantes vivendas baleiras, algún esqueleto, quitáronse hai pouco as grúas, estaba a finca de Varinca que se anegaba...

-Bueno, esqueletos hai un. Varinca non chegou a facer nada e andivo en pleitos. En principio tiñamos que devolverlles o que lles cobramos, non sei cómo será.

- Recurriu a empresa?

-Imaxino que si, non sei.

- Non o sabe?

-Pódolle preguntar á xurídica.

- Non lle preocupa?

-Imos ver. Nós temos que dar o que temos que dar. As leis son como son. Ti o que non podes é pedir polo que non fixeches.

- Da por feito que non lles vai prosperar a reclamación de 7 millóns de euros.

-Non, non é lóxico.

- Están na parte máis dura do pago da débeda. Non asfixia?

-Non. Posiblemente esteamos sacrificando inversión para amortizar débeda, pero si o Concello non se endebedara no seu día e non fora ambicioso para ter un edificio social como o Toñito Espiñeira e unha escola infantil de 92 nenos, imaxínate. Este ano parece que vai haber 6 nenos en lista de espera. Non me doe nada endebedarme por iso. Outra cousa sería gastalos en foguetes ou festas por aí. Ao mellor podía xestionar moito mellor pero o que debemos é asumible e non me doen prendas. Cando entrei de alcalde, en 2004, estábamos bastante peor.

- Por que?

-Entrei o 28 de agosto e o 1 de setembro xa non me trouxeron os periódicos e cortaron todos os alumbrados públicos do Concello nos días das festas. Debíanse 120 millóns de pesetas a Fenosa e a Emalcsa, a agua desde o ano 82.

- Nos últimos anos nunca temeu que o Concello quebrara ou o interviñeran?

-Nunca, porque teño unha experiencia moi grande nese sentido, de cando entrei. Debíase un millón e medio de pesetas en periódicos. Non había tesoreiro, nin interventor, e había un secretario que non era habilitado nacional. E pagábase con talón, algunha vez cun talón sin fondos. Cuidado! Eu superei todo iso, paseino moi mal.

- E agora non se preocupa?

-Agora non temos eses problemas. Estamos pagando en 31 días. E crecemos. Estamos medrando en poboación e iso non é fácil. O 1 de setembro de 2003 Carral tiña 5.085 habitantes, Abegondo, 6.600. O 1 de xaneiro de 2016, 6.180 Carral e Abegondo 5.500.

- E por que subeu en Carral?

-Pois algo lle daríamos? Algo terei que ver eu, ou que? Estamos cerca da Coruña, hai escola infantil, colexio e instituto. E ximnasio, e piscina. Piscina cuberta non, porque o alcalde non é tan insensato.

- Co que lle criticaran o spa ...

-Si, pero está funcionando, sabes? Non sabes a cantidade de xente que teño de Cambre e de Culleredo en rehabilitación, nese puñetero spa.

- Agora hai interventora, e este ano avisou de "irregularidades manifiestas" e esixiu "una política seria de contención do gasto". Fáiselle caso?

-Creo que a interventora sabe o que fai, estou satisfeito e cumplimos a lei ao 100%. Pode ser que haxa cousas nas que non esteamos moito ao día, por exemplo o contrato da limpieza viaria e xardinería está caducado e o de axuda no fogar, polo que pon reparos, pero teñen orden de sacar os contratos. A contención de gasto pois é unha advertencia que fai ela como me pode facer miña nai a min ou facía, ou como eu lles podo facera aos meus fillos: "Oe, non gastedes moito e tede tino". Pero a liquidación sempre é postitiva. E temos aforro.

- O plan xeral vai con retraso. Como está?

-En xuño iba entregar a empresa o estudio das 600 alegacións e plasmalas no documento, pero pediron máis tempo por unha baixa por maternidade. Penso que en setembro xa o teremos aquí e vámosllo a presentar aos grupos.

- E xerará ingresos?

-Non. O plan xeral hai que telo porque é unha ferramenta necesaria para ter todo definido. E necesitamos pisos, porque a xente quere pisos. E poder crecer.

- Que promesas electorais non vai poder cumplir?

-O saneamento, que non depende só do Concello, e igual algo non prioritario, como cubrir as pistas de pádel. Ou desenvolver ao 100% a unidade de actuación número 5. A Xunta pódenos dicir que se o metamos no plan xeral e iso retrasaría.

- Tamén prometeu obras de "humanización".

-Estamos con catro rúas.

- Que fan nesas rúas?

-Peatonalizar, facer as calles mais anchas, poñer banquiños, facer as aceras mais gordas, quitar aparcamento... quérenme matar os veciños. Algún xa me dixo que me iba matar, díxome así: 'Voute matar. Como non poda aparcar aquí, mátote". A ver si o convenzo.

- E se non?

-Non sei. Quere aparcar á porta da casa. Espero que non me mate.