A museóloga Ana Justo é o pilar que lle faltaba ao Museo dos Oleiros para iniciar o seu despegue. Moi preparada, culta e chea de paixón polo seu traballo, Justo foi contratada o pasado novembro para ordear, inventariar, documentar e xestionar este espacio artístico que ten unha singular colección de pezas. Ela encárgase tamén de facer o proxecto museístico para que o centro entre na Rede Galega da Xunta, o que lle daría o pulo definitivo.

- Cantas pezas ten o Museo Kaydeda de Oleiros?

-Ainda non rematei o inventario pero calculo que serán máis de 6.000.

- A pesar de levar dúas décadas e ter tantas pezas, quizais aínda segue a ser descoñecido.

-Sí, non é suficientemente coñecido, só polo público especializado e no ámbito da olería, por eso queremos que entre na Rede de Museos de Galicia. Estamos traballando niso. A Xunta pide redactar unha folla de ruta, cómo vas diseñar a mostra, cómo a vas difundir... O público cré que os dos museos só colocamos pezas pero facemos traballo documental, de investigación, difusión. O mes pasado veu un grupo de 25 vietnamitas e quedaron abraiados. A maioría de visitas son familias e persoas entre 45 e 65 anos.

- Qué suporía entrar na Rede Galega de Museos?

-Ademais de optar a subvencións, moita maior difusión e polo tanto máis visitas. Tamén entrar nunha base de datos, e investigadores de todo o mundo poderían ver as pezas que temos. Tamén poderíamos ter bolseiros, formar xente na museoloxía. Coido que para mediados do ano que ven estemos na rede.

- Qué características ten este museo?

-É moi versátil, temos dende pezas antigas que foron recopilando Kaydeda e a súa dona durante anos e que despois donaron ao museo, a outras moi novas, xa que o museo se vai nutrindo coas doazóns dos artesáns de Alfaroleiros cada ano. Kaydeda tamén tiña unha pequena colección de pezas precolombinas, das culturas moche e inca, e incluso tamén, debido á súa afición ao ocultismo, curiosidades como dúas cabezas de xíbaro e pezas relacionadas co vudú. Hay que ter en contar que a olería vai dende o máis antigo ao futuro, dende o Neolítico ata hoxe en que os transbordadores espaciais usan baldosas de cerámica para protexerse cando fan a reentrada na Terra. E os artesáns manteñen a tradición pero tamén innovan.

- O alcalde xa anunciou que se trasladará o museo ao castelo.

-Sí, tamén a mediados do ano que ven pensamos que esté. Estou preparando un cronograma de traslado das pezas, co seu embalado, e completando o inventario e facendo o proxecto museístico. Vai ser unha mostra temática, máis didáctica, e non por alfares como está en As Torres. Pero aí deixaremos un espazo para almacén. Co traslado creo que aumentarán as visitas, terá máis visibilidade. Ao mesmo tempo tamén potenciaremos o museo doutros xeitos, ofertando cursos aos colexios e outras iniciativas.