06 de noviembre de 2017
06.11.2017

O BNG leva ao Parlamento europeo a "apoloxía do franquismo" en Meirás

A eurodiputada nacionalista Ana Miranda presentará unha iniciativa na Comisión de Peticións o 20 de novembro, día do aniversario da morte do dictador

29.11.2017 | 17:43

"Corenta anos despois da morte de Franco o dictador morreu pero o franquismo segue vivo", destacou hoxe a voceira nacional do BNG Ana Pontón, na presentación esta mañá da iniciativa que a formación vai ter en Bruselas o próximo día 20, coincidindo coa morte do dictador: a eurodiputada nacionalista Ana Miranda presentará na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo unha denuncia da "apoloxía do franquismo" que fai a Fundación Nacional Francisco Franco no Pazo de Meirás en Sada. Neste contexto tamén abogarán pola recuperación para o patrimonio público do pazo que hoxe ocupa a familia Franco.

Nesta data tamén se organizará en Bruselas a conferencia Franquismo despois de Franco. "A Fundación Franco é a única institución de Eurpa que pode facer apoloxía do fascismo", indicou Ana Miranda. Na presentación da iniciativa tamén estivo o eurodiputado da coalición Os Pobos Deciden, Jon Juaristi. Os tres coincidiron en suliñar a importancia de "traballar contra a impunidade dos crimes do franquismo" e a favor da "dignidade" das víctimas. Pontón resaltou a importancia de facer esta iniciativa xusto agora, neste momento en que en España se vive unha "tremenda involución democrática" despois dunha "transición fallida".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es