A Junta Pro Pazo del Caudillo, integrada por autoridades de A Coruña e empresarios, na súa rolda de suscripción forzada para mercar e acondicionar o pazo de Meirás en Sada para regalarllo ao dictador Francisco Franco, fixaran para os veciños de Oleiros unha cantidade de 9.036 pesetas pero o gobernador daquela tivo que enviar varias cartas de advertencia entre 1938 e 1940 para que aumentasen as doazóns e ainda así non se xuntou neste concello máis de 6.000 pesetas.

Este é un dos datos que figura no libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un expolio, recentemente publicado e escrito polos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez. Esta obra, a primera que pescuda con profundidade as circunstancias nas que se produciron aquelas doazóns forzadas, céntrase no concello de Sada pero tamén conta detalles de cómo se fixo a recadación e cómo actuou a Junta Pro Pazo noutros concellos dos arredores, entre eles o de Oleiros.

Os autores, visitando o Arquivo Municipal oleirense, atoparon que en 1938 empezou a primeira presión ao concello, que o 8 de setembro fixo a súa primeira aportación, 2.763 pesetas, e dous meses despois 1.241 pesetas. Ao ano seguinte os organizadores desta maquinaria de presión recadataria xa aumentaron a presión sobre os concellos porque ainda había moitas obras que facer no pazo. En breiro do 39 o gobernador da Coruña envíoulle ao Concello de Oleiros un escrito no que lle advertía que lle darían a Franco una lista dos que doaron cartos e as cantidades aportadas, polo que lles conviña a "máxima diligencia".

Ante esta nova coacción, Oleiros en marzo dese ano envíou unha nova remesa de cartos, 1.004 pesetas, sumando en total pouco máis de 5.000 pesetas, moito menos do que se esperaba do concello, polo que o rexedor de entón xustificou ante a Junta que a razón era que no municipio vivía moita xente de A Coruña e preferían figurar como contribuintes nesa cidade.

O gobernador sen embargo non quedou convencido por esta explicación e en agosto mandou un novo escrito ao alcalde lembrándolle que aínda debían case o doble do recadado. O Concello entón decidiu aumentar a presión sobre os veciños, con escritos ás casas como o que recibiu un veciño o 14 de agosto. No Arquivo Municipal de Oleiros, figura a resposta deste veciño, que xa pagara 400 pesetas á Junta en A Coruña.

No libro destes investigadores apórtanse copias de varios recibís de vecinos e do propio alcalde, onde figuran as datas e as cantidades para a"suscripción del pazo del Caudillo", ata o ano 1940.

Pero o dictador tamén deixou outra pegada en Oleiros ademais destas doazóns forzadas. En Sada xa tiña o seu palacete pero quería unha praia axeitada, e a sadense parece que non lle gustou porque despois de moitas inspeccións elixiu Bastiagueiro. Encargoulle ao seu secretario a compra dun terreo a pé de praia no que despois construiu unha casa mentres a Deputación se encargou de facer o acceso ata o lugar. En setembro do 38, mentres seguían as suscripcións para continuar coas obras de acondicionamento no pazo, xa estreou a praia, pechándoa en exclusiva para a familia Franco.

A casiña, segundo contan Carlos Babío e Manuel Pérez, tiña uns 50 metros cadrados, estaba a seis metros do areal e contaba con duchas, servicios, algúns mobles e un mastro con bandeira. Unha das persoas que a limpaba, Luis García contou para LA OPINIÓN en 2010 que que en agosto sempre viña o dictador coa muller e a filla e anos despois cos netos, e non deixaban achegarse a ninguén para velos.

Quince días antes da súa chegada a Garda Civil xa pechaba a praia e os accesos e ninguén se podía bañar. Este home, Luis García, lembraba un grupo de rapaces que quixo bañarse anees de que chegara Franco e el mes viu como lle pegaron a unha rapaza que lle pediu que os deixasen pasar. Nos anos finais xa pechaban só a metade da praia e deixaban a outra aberta. Neste areal tamén pasaron algunas xornadas os entón príncipes Juan Carlos de Borbón e doña Sofía e os fillos, segundo se conta no libro.

Xusto no lugar onde Franco fixo a casiña para a súa exclusividade, está hoxe un chalé dun moi coñecido empresario, que durante anos ten organizado unha festa á que só se invitaba ao máis importante da sociedade galega. Segundo algúns resdientes da zona, sabíase cando era a festa porque se pechaba a rúa e había corpos e forzas de seguridade, de novo, vixiando arredor.