31 de enero de 2018
31.01.2018
OLEIROS

Carracedo, autoridade e humildade mundial

O creador do grupo líder mundial en xenética forense imparte consellos laborais e de vida a alumnos do instituto María Casares

31.01.2018 | 12:41
Ángel Carracedo, onte no IES María Casares de Oleiros.

É unha das maiores eminencias científicas en España, creador dun grupo líder mundial en xenética forense, a persoa á que recurren policías de todo o mundo para traballos de identificación xenética. Veríamos normal que tivese un ego superlativo pero o doutor Ángel Carracedo, onte, deulle unha charla aos rapaces de Ciencias do instituto María Casares de Bastiagueiro e faloulles máis dos seus erros que dos seus acertos. E, sobre todo, deulles consellos de vida, para o que non se cortou á hora de contar detalles persoais da súa vida, por se lles puidesen axudar a estos mozos de segundo de bacharelato que están no momento da vida no que teñen tanto estrés, de exames e de dir dicidindo xa qué estudios coller.

A Medicina Xenómica e as súas Aplicacións era o título da charla que Carracedo impartiu onte no instituto, organizada polo Clube de Ciencia deste centro, e á que asistiron alumnos e profesores. Este catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Genotipado, lamentou o actual sistema educativo español que presiona tanto aos alumnos e os forza tanto a memorizar. Empatizou co estado de ánimo dos rapaces neste momento e invitounos a chamalo se querían asesoramento.

"Os sábados pola mañá vou pescar pero pola tarde sempre lle dedico tempo a xente que necesita algo, podemos tomar un café", ofreceu, en varias ocasións e de verdade, este Premio Nacional de Xenética. Carracedo animounos a optar pola investigación, defendeu que España compite nisto co resto do mundo. Aconselloulles ter iniciativa, como cando a el se le ocorreu escribirlle á Barrié de la Maza para pedirlle axuda para estudiar fóra e este lle contestou que cando recibise a súa carta xa tería unha conta aberta a seu nome.

Tamén os animou a loitar polas súas ilusións e a ser felices e non estresarse, quizais por iso lles dixo qué feliz o facía a el coller robalizas e marisco. Tamén lles contou o lema de vida que lle transmitiu súa nai, que o que importa é esforzarse, traballar, máis que o resultado. Tamén contou un dos seus grandes error, non protexer cunha patente un descubrimento de marcadores xenéticos. E relatou coñecidos casos nos que axudou a descubrir aos responsables de delitos, como o asasinato das nenas de Alcàsser, o atentado do metro de Londres ou o do 11-M en Madrid.

Coas análises xenéticas puido dicir que o que levaba a mochila de Vallecas que non explotou era español e tiña os ollos azuis. Noutro caso dun violador, puido dicir que tiñan que buscar a un xamaicano e calvo, detalles que deixaron abraiados aos rapaces. Os alumnos pregutáronlle qué era o que máis lle interesaba agora mesmo e citou que quizáis a esquizofrenia.

Adiantoulles incluso un traballo que van a enviar á prestixiosa revista Nature que revela que co aporte xenético dende a Reconquista, en España somos "portuguesiños" totalmente.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine