24 de febrero de 2018
24.02.2018
OLEIROS

Oleirenses unidos pola arte

Un grupo de veciños promove unha rede para conectar xente con inquedanzas artísticas, ter un espazo onde potencialas e facer proxectos comúns colaborativos

24.02.2018 | 13:34
De esquerda a dereita, Sabela Ramos, Abel Pombo, Ramiro Vidal e Juan Pedro Laport, integrantes desta rede.

Pintores, deseñadores gráficos, fotógrafos, escritores, actores, arquitectos, escultores, bailaríns... Pero tamén persoas que simplemente lles gusta a arte ou queren iniciarse nalgunha disciplina. Todos teñen cabida en Libertatia, Comunidade pola Arte, un colectivo de Oleiros que acaba de arrancar este proxecto novidoso que demostra o grande interese na arte que hai neste municipio.

"Eramos un grupo de amigos que quedabamos pero non falabamos das diferentes inquedanzas artísticas que tiñamos, a pesar de que todos estamos relacionados con elas. Ata que pensamos que podiamos facer algo xuntos, multidisciplinar, crear unha comunidade, unha rede de personas interesadas nas artes, non só creadores, tamén interesados en xeral. Este proxecto xurdiu da necesidade de saber cal era o panorama cultural en Oleiros", conta Sabela Ramos, actriz, iluminadora, posgrao en xestión cultural e unha das promotoras do proxecto xunto con Abel Pombo, que traballa en deseño gráfico, ilustración e fotografía; Juan Pedro Laport, que está co proxecto de fin de carreira de Arquitectura; e Ramiro Vidal, poeta.

O obxectivo de Libertatia é crear unha rede que conecte a todas as personas con inquedanzas artísticas, de todas as idades, de Oleiros pero tamén dos concellos da comarca. Despois de varias reunións convocadas a través do grupo de Facebook xa teñen preto dun cento de persoas interesadas en formar parte activa do proxecto.

"Esta comunidade está aberta a todo o mundo, quere ser interxeracional. Estamos representadas tres xeracións", conta Ramiro Vidal. "Hai moitos de vinte e trinta pero as idades van dos 18 a máis de 60 anos, xente relacionada coa danza moderna e clásica, dilleis, escultores, pintores, xente de artes plásticas", conta Abel Pombo.

Os obxetivos deste colectivo a curto prazo son atopar un espacio propio, que poidan autoxestionar; e difundir a iniciativa e ir gañando membros, ademais de preparar un evento multidisciplinar que organizarán para o verán. Polo dagora reúnense semanalmente. Hoxe sábado xa teñen un novo encontro ás 19.00 horas no centro social de Rialta, que lles cede a asociación veciñal.

Oleiros conta cun gran número de persoas dedicadas a disciplinas artísticas e artesáns, ademais de escolas municipais de danza, música e teatro. Uns rapaces iniciaron un festival musical e hoxe é xa un referente, o Basticore; e uns mozos crearon hai pouco Musicoleiros, que promociona as bandas locais, e que fai un traballo xa recoñecido. Os seus membros asistiron tamén ós encontros de Libertatia.

"Cando era pequeno tiña moito interese artístico pero non tiña onde preguntar, alguén que me guiara. O espazo que queremos crear serviría para isto. Na primeira reunión que tivemos una muller dixo que nunca fixera nada relacionado coa arte e empezou a pintar e viu que lle gustaba. E probou a cantar, e viu que lle gustaba. Queremos espertar inquedanzas que ao mellor nin sabes que as tes", conta Abel.

"Pero queremos ser independentes, non queremos actividades dirixidas, senon autoxestionarnos nós", matiza Juan Pedro Laport. O espacio que buscan sería para acoller conferencias, debates, exposicións, cursiños, concertos... ou simplemente falar. E facer proxectos en común, colaborativos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Más información

Asiste al estreno de 'Pocoyó en cines: Tu primera película' en los cines Yelmo de A Coruña los días 23 ó 24 de junio ¡Participa!

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine