28 de marzo de 2018
28.03.2018

Libros contados de primeira man

Un novo clube de lectura en Culleredo coordinado por Alfredo Ferreiro lerá obras de escritores galegos vivos e programará encontros con todos os autores dos libros escollidos

28.03.2018 | 01:29
O escritor e coordinador de clubes de lectura Alfredo Ferreiro.

A ilusión de coñecer ao creador do libro que se acaba de ler cumprirase no novo clube de lectura de Culleredo. E con cada obra. Un grupo de lectores coordinados polo escritor Alfredo Ferreiro lerá textos de autores galegos vivos e, ao rematar de ler cada publicación, coñecerá ao seu escritor. A primeira sesión do novo clube celebrarase o día 2 de abril na biblioteca do Edificio de Servizos Múltiples, en O Burgo.

"Sempre resulta moi ben contar con autores, porque é un luxo que a xente disfruta de maneira moi intensa o poder constatar, confirmar, ou descubrir novos aspectos da obra literaria. Xa o teño feito noturas ocasións nos clubes de lectura que coordino [en Arteixo e Carral] de maneira esporádica. Aquí intentaráse que sexa a base do clube. Adicarse dunha maneira nucelar á literatura galega e de autores vivos", explica o coordinador.

O primeiro libro que lerán os membros do novo clube será A nosa cinza, de Xabier Alcalá. A escolla desta obra para comezar débese tanto á súa popularidade -"pódese considerar un long seller, porque vendeu moito durante moito tempo", asegura divertido Ferreiro-, como á experiencia nestas lides e ao carácter cercano do autor. "Alcalá é unha persoa moi próxima e disposta. Xa teño visto esta experiencia con el. Como o libro ten base autobiográfica, sempre é interesante preguntarlle ao autor de que maneira cestionou a realidade ou a memoria da súa vida coas decisión do que inclúe na ficción, que variou e que non, como respectou que haxa personaxes auténticas, porque hai que ter respeto, pero tamén o autor necesita liberdade para crear", apunta o coordinador.

A obra, ademais, "está de actualidade", asegura o escritor. Explica que o debuxante Manel Cráneo, con guión literario do propio Ferreiro, realizaron unha versión en banda deseñada da obra de Alcalá para a editorial Galaxia.

A frecuencia coa que se reunirán os membros do clube está aínda por definir e dependerá en boa medida da extensión da obra que se escolla como lectura de cada volta. Ferreiro sinala que prefire chegar á primeira toma de contacto cos integrantes con boa parte dos detalles sen pechar. "Prefiro deixar marxe a ver os gustos do grupo, que haxa consenso sobre os xéneros ou o estilo das lecturas que se queren ler", conta. "Que a xente estea cómoda é fundamental", sostén.

O número máximo fixado para este novo grupo é de 20 lectores. Por agora aínda non se cubriu o cupo. Os interesados en formar parte desta novedosa iniciativa, única na comarca, poderán inscribirse na propia biblioteca do edificio de Servizos Múltiples.

A posta en marcha do novo clube de lectores cullerdense formalizarase o próximo luns. No primeiro encontro, faráse unha presentación y plantexarase a lectura de A nosa cinza, de Xabier Alcalá, sobre a que haberá que consensuar canto tempo se adica á súa lectura. Despois, os membros volverán reunirse para departir sobre o texto entre eles e co propio creador.

O novo clube de lectura cullerdense nace a raíz dunha proposta de Ferreiro ao Concello de Culleredo, que escolleu esta idea de entre varias que lle presentou o escritor. Os grupos de lectores teñen xa unha ampla tradición no municipio. Deceas de veciños, cada vez máis, participan nos clubes que impulsaran responsables de bibliotecas municipais hai case dúas décadas e que hoxe medran e se diversifican.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook


Elecciones Generales 2019

Domingo 10 de Noviembre de 2019, España

Congreso de los Diputados

esquelasfunerarias.es