O CIFP Someso da Coruña é un dos cinco centros educativos seleccionados para participar na cuarta edición de Miniempresas Coruña e o único que participa con dous proxectos: MaisQpezas e BuggyMax. O programa está coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, financiado pola Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN. Ademais deste centro traballan nesta iniciativa que busca fomentar a creación de empresas o CIFP Paseo das Pontes, o IES Universidade Laboral de Culleredo, o CIFP Ánxel Casal e o IES Isaac Díaz Pardo.

No caso de MaisQpezas, o alumnado do CIFP Someso que participa está a cursar este ano o módulo de Empresa e Iniciativa emprendedora. Deste xeito, das ideas xurdidas ao comezo do curso, seleccionaron a que máis real lles pareceu, a que podían levar a cabo e quixeron poñela en marcha. Os coordinadores da iniciativa destacan que comezou como un proxecto moi ambicioso que chegaría incluso a realizar unha venda directa polo menos no centro educativo. Finalmente e debido á necesidade de tempo que se necesita para cada unha das pezas, non se puido levar a cabo unha venda real. Esta miniempresa caracterízase -explican- pola personalización das diferentes pezas creadas no taller, desde chaveiros, pomos, pousavasos ata chapas, entre calquera outro tipo de peza que se solicite.

Por unha banda, os participantes no módulo de Empresa e iniciativa emprendedora encarganse a parte administrativa e organizativa da empresa. Por outra, nos demáis módulos de taller realizan as pezas para a miniempresa. Desta forma creanse sinerxias entre os diferentes ciclos que xeran unha aprendizaxe en proxectos. Os alumnos están divididos en tres departamentos como se fose unha empresa real: o de marketing, o de deseño e o de produción. A parte económica da empresa elaborarona en conxunto para dala a coñecer a todos os que forman parte e colaboran na miniempresa.

O eixe principal desta iniciativa, e tamén de BuggyMax -a outra miniempresa na que se traballa no centro- é o traballo en equipo é a aprendizaxe por proxectos. Ambos proxectos promocionaranse a través das webs e as redes sociais.

En canto á comercialización dos productos, no caso de Maisqpezas a intención é vendelos directamente no centro educativo. Os estudantes preguntaron no seu círculo máis próximo a posibilidade da venda deste tipo de produtos e viron factible uns máis ca outros, información que lles serve de referencia para centrar a produción.

Os alumnos aceptan moi ben este tipo de propostas que lles permiten desenvolver a súa creatividade e o seu espírito emprendedor, pero no grupo integra a miniepresa MaisQpezas a independencia está máis limitada porque precisan de máis indicaciones por parte dos profesores. Por iso, aínda que como sinalan os coordinadores, aos estudantes que forman parte deste proxecto lles costa tomar decisións, disfrutan igualmente potenciando o seu espírito emprendedor.

No centro non se realizaron con anterioridade ningún proxecto miniempresas, pero si participaron en concursos de emprendemento dende xa fai varios anos, e obtivéronse os primeiros premios en varias ocasións.