O Concello de Oleiros festexa o Día das Letras Galega durante todo este mes de maio. A celebración comezou o pasado 29 de abril xa con Os contos do chupete de Migallas Teatro e a obra de teatro do pasado venres basada nunha novela de María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano no 17 de maio.

O 13 de maio será a Festa da Lingua en As Torres de Santa Cruz, unha sesión de contacontos para nenos de 0 a 5 anos que inclúe tamén música. Este mesmo día e no mesmo sitio pero pola tarde chegará o concerto de Lydia Botana. O 20 de maio será o Concerto Radio Bulebule de Paco Nogueiras en A Fábrica que incluirá humor, baile e cancións. Tamén haberá contos nos institutos públicos con Ramiro Neira, Caxoto e Charo Pita no Festival de Narración Oral.