O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organizou para este domingo día 20 ás 12.30 na Fábrica de Perillo, un concerto de Paco Nogueiras dentro do programa Apego de achegamento do galego aos máis pequenos. O espectáculo representa un programa de radio en directo cheo de humor, baile e cancións.

A entrada é gratuita e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico á dirección lingua@oleiros.org ou chamando ao teléfono 981.610000, extensión 4905. Hai que dar o nome do neno, idade e nome dos acompañantes e teléfono.