Os grupos Garrafunk e Malasömbra actuarán o vindeiro venres 25 de maio en Sada dentro do X Festival de Rock Solidario Aspace que organiza esta asociación de familiares de persoas con parálise cerebral. O festival terá lugar ás 22.00 horas baixo unha gran carpa instalada na praza Irmáns Suárez Picallo. A entrada é libre e gratuita. Haberá un sorteo de agasallos e tamén se poderán adquirir pezas de cerámica.