Os estudantes da Escola Infantil Flora Ramos, de Sada, plantaron onte no patio traseiro do centro escolar tres árbores que foron donados por Viveiros Silvar. A concelleira de Benestear e Igualdade, Isabel Reimundez, agradeceu a empresa a súa aportación e descubriu unha placa xunta aos árbores que di o seguinte: "En nós medra unha alma que agromará coa vida destas árbores plantadas polo alumnado da EIM Flora Ramos grazas á doazón de Celsa e Santiago de Viveiros Silvar".