Moito ruído e poucas noces. Os alcaldes do Consorcio As Mariñas andan á lea pola interpretación da reunión que tiveron o pasado venres, que se suspendiu, en vez de chegar a acordos do que realmente é importante para a comarca, como a loita por constituir dunha vez a área metropolitana e empezar a planificar accións comúns en favor de todos os concellos integrantes.

A reunión de rexedores do pasado venres non se celebrou. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, declarou que este encontro se suspendeu porque el non foi, ao ter outro acto á mesma hora na Coruña, e acudiu a primeira tenente de alcalde, María Xosé Varela, no seu lugar. García Seoane afirmou que por unha cuestión de "machismo" se decidiu suspender a reunión porque non lles valía a concelleira senon que tiña que estar o alcalde.

"O que querían era non facer a reunión, e buscaron unha desculpa porque nesa reunión íase tratar o de nombrar secretario e interventor por lei do consorcio. Eles teñen uns cos que nós non estamos dacordo porque a lei dí que o que ten que controlar o consorcio é o Concello de Oleiros e nós non estamos dispostos a renunciar a esto", insistiu onte Seoane, quen lembrou que a situación do consorcio se está "desmadrando" e se "tapan cousas", como a auditoría do servizo de recollida de basura, que cré incompleta e superficial.

O rexedor oleirense tamén criticou que se acordase por maioría participar nas reunións da Coruña "e o presidente consorcio e o alcalde Carral non veñen a ningunha, están boicoteando a área metropolitana, a situación do consorcio e manipulando e facendo o que lle dan a gana co consorcio", algo que segundo remarcou non vai "consentir". Seoane insistiu en que se o Consorcio ten que estar adscrito a Oleiros, como está, e teñen que ser o secretario e o interventor deste concello os que "tomen as rendas" do organismo segundo a lexislación.

O rexidor de Cambre, Óscar García Patiño, dixo que non houbo nada de "machismo" e dicir iso é algo "moi grave e inaceptable". Aclarou que foi el quen lle pediu ao presidente que aprazase o encontro porque María Xosé Varela comunicoulles que había "informes sobre como debe funcionar orgánicamente o consorcio" e el pensou que se debía esperar a ter eses informes antes de reunirse.

O presidente do Consorcio e alcalde de Abegondo José Antonio Santiso lembroulle onte a Seoane que o Consorcio é unha institución "de adhesión voluntaria e democrática" con "órganos e foros de sobra nos que realizar todo tipo de plantexamentos para gardar un mínimo de respeto entre os seus membros".

Santiso sinalou que o cambio de interventor e secretario ten que levarse a pleno. Subliñou que Abegondo aprobou incorporarse á futura área metropolitana mentres que A Coruña non, e cando este concello "dé un paso de verdade para crear a área", Abegondo participará nas reunións de A Coruña.

O rexidor de Culleredo José Ramón Rioboo, pediulles aos alcaldes "respeto e prudencia" nas súas declaracións, e aludiu ao "nerviosismo" de Seoane poa súa "política expansiva" na comarca con Alternativa. Cré que nin Oleiros nin Culleredo deben presidir o ente polo volume de traballo que teñen, que "dificultaría a atención", e considera que o actual presidente Santiso "está facendo unha boa xestión". Calificou de "intolerables" as referencias ao machismo e pediulle a Seoane que deixe de usar o Consorcio "con fins partidistas".