O proxecto de sendeiro peonil e ciclista que executa actualmente a Xunta dende Lamastelle ata a rotonda de Cristo Rey prevé conservar só tres dos cinco piñeiros centenarios,piñeiros centenarios de gran porte, que están na beira da carretera AC-174 porque estes dous estorbaban para ampliar a calzada na zona da curva da glorieta de As Pedreiras. "Peche a recuar e árbores a tallar", é o que pon no proxecto constructivo desta obra respecto a estes dous xigantescos exemplares. Sen embargo o Goberno local confirmou onte que esixíu conservar tamén estos dous piñeiros, polo que ningún dos cinco centenarios será cortado.

Unha actuación que sí se considerou necesaria foi tallarlle duas grandes pólas a un destes dous piñeiros para maior seguridade, ao ter unha lixeira caída sobre a carretera. Este traballo xa foi feito polos operarios e os restos da corta están aos pés dos exemplares.

Ainda que os cinco exemplares son a primeira vista semellantes, pola configuración e a gran altura, os tres que están xuntos, máis preto da residencia de maiores, son da especie pino insigne, pino radiata ou pino de Monterrey, que se distinguen dos autóctonos porque teñen tres acículas en vez de dúas (ademais de que éstas son máis curtas e brandas, entre outras cousas). Sen embargo os dous que están xuntos frente á rotonda, no medio da curva, son piñeiros do país, pinus pinaster.

O sendeiro peonil e ciclista terá unha anchura de medio metro pero nalgúns tramos chegará ata os dous metros, como no caso dos tres piñeiros, co fin de incluilos nunha pequena franxa verde que os separará da carretera. No caso dos outros dous o vieiro terá que pasar pola zona interior ante a falta de espacio. Este proxecto obligará a tallar outras especies, moitos arbustos e árbores coma freixos. No tramo dende As Pedreiras ata Cristo Rey existen outros exemplares importantes, de carballo, que serán sen embargo, conservados tamén.

Debaixo do sendeiro que se está a executar (na zona da residencia de maiores os obreiros xa están construindo o murete separador do itinerario peonil e ciclista) van a dispoñerse distintas conduccións, entre elas a de cable de R Telecomunicacións que solicitou dispoñerse ao longo desta carretera.

Os obreiros, deste xeito, están agora excavando unha gabia de máis ou menos un metro e pico de profundidade, na que están poñendo os tubos polos que irá o cable, teléfono e electricidade entre outros.

Mentres estes piñeiros, tan coñecidos polos que habitualmente conducen pola zona, van sobrevivir a estas obras, parece que outro exemplar tamén moi recoñecible, está correndo peor sorte. Un veciño da zona de Rosalía de Castro, antes da subida a Montrove, alertou de que o piñeiro que está dentro do recinto da antiga escola Videlba está morrendo.

Esta árbore, de propiedade privada, está tamén case na volta da carretera, cunha póla sobre a calzada. Tamén ten moitos anos pero está prácticamente seco mentres o que ten ao lado, máis pequeno, está vizoso e coa floración da primavera.