Unha parella sufriu feridas ao chocar onte a motocicleta na que viaxaban contra o quitamedos da N-VI en Coirós sobre as 15.40 horas no kilómetro 561. A moto saiu da vía e colidiu contra o gardarraíl. Os ocupantes sufriron diversas contusións e foron trasladados, conscientes, ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Betanzos. O pasado día 6 ocorreu outro accidente de moto moi preto do de onte, no kilómetro 560 pero en Aranga, no que o condutor faleceu.