Coa mellor cantante e letrista que hai agora mesmo no país, Ses, o Concello de Oleiros inaugurou onte por todo o alto dúas infraestructuras que son para o uso e disfrute dos veciños da localidade de Mera. Unha morea de xente acudiu a este evento. Primeiro visitou o novo local social de 200 metros cadrados que mercou o Concello no baixo do edificio da praza da Lagoa, onde houbo pinchos e bebida. Este local servirá para actividades e reunións da Asociación de Veciños San Cosme de Maianca e tamén como ximnasio, nunha das salas, para o Centro Deportivo Mariñeiro. Despois os veciños, xunto co alcalde e outros membros da Corporación, contemplaron a espectacularidade da cuberta de madeira e metacrilato sobre a plaza, que se usará para romerías e eventos deportivos e culturais, sen que importe xa o mal tempo. Despois das dez da noite comezou o concerto de Ses.