O deputado de Economía e Facenda da Deputación da Coruña Antonio Leira está estos días no condado de Durham en Inglaterra, onde comeza o Camiño de Santiago, na procura de acadar colaboracións con institucións e entidades da localidade para promocionar conxuntamente este itinerario. Tamén aproveitou para promocionar os principais destinos turísticos na provincia, e destacou as similitudes entre A Coruña e Durham.