A Concellaría de Igualdade de Curtis porá en marcha un Servizo de Apoio Integral a Coidadoras a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en colaboración coa Fundación Mujeres, para mellorar a calidade de vida das persoas que coidan, ou coidaron, a dependentes, e que son básicamente mulleres.

O obxetivo e mellorar a autoestima das coidadoras, abordando temas de xestión do tempo e benestar emocional. O servizo presentaráse nun acto oficial este mércores 23 ás 11.00 no concello. Haberá unha charla impartida por unha socióloga e técnica de intervención social da delegación de Galicia da Fundación Mujeres.