O pavillón do instituto Agra de Leborís da Laracha contou este fin de semana con máis de 600 maiores de 65 anos, xubilados e pensionistas, reunidos na tradicional Festa Homenaxe que lles organiza o Concello cada ano. Primeiro houbo unha misa no pavillón que oficiou o párroco Manuel Boullón espois celebrouse o xantar, que rematou con música en directo e baile. O alcalde regaloulle un ramo de flores e unha figura á muller e ao home de máis idade: Jesusa Castiñeiras que cumplirá 102 esta semana e Antonio Castro de 96.