- É moi crítico coa modificación do plan xeral. Por que?

-Por moitas razóns. Primeiro, porque xorde directamente duhna denuncia dos vecinos ao alcalde por plantar eucaliptos nunha parcela agrícola. É un pouco sangrante que un conflito persoal provoque unha modificación do plan xeral. E segundo, porque vai derivar nun conflicto permanente, porque ao eliminar a ordenación do territorio se vai a dar unha mestura de usos agrícolas e forestais que vai xerar conflitos por distancias nun sentido como en outro.

- A actual ordenación tamén provoca conflitos...

-É certo que hai moito que modificar no plan xeral sobre a clasificación dos usos, é necesaria unha revisión para adaptalo á realidade e as necesidades da xente, pero non cargarse a ordenación. Si este caso o levamos ao urbano, en que situación nos poñería? Nun caos total.

- Vostede vinculou a modificación cun interese por estender o eucalipto. De verdade pensa que ese é o motivo?

-É o que expresou o tenente de alcalde no pleno. Dixo que un dos motivos era pola posible implantación da planta de biomasa no polígono industrial. O expuxo así, non é conclusión nosa. O sector primario é o motor de Curtis e habería que telo en conta á hora de avaliar estas modificacións no plan xeral. Habería que contar primeiro con esa xente, porque aínda que son pequenas empresas e autónomos, son os que constrúen a base do municipio, e non os poden despreciar así. Pasou o mesmo na modificación do ICIO, se fixo á medida de Goodleit. Se negociou unha rebaixa do imposto cunha empresa que ten gran volumen e eso non se fai coas pequenas.

- O alcalde di que é unha demanda veciñal e que foi consensuada polas parroquias.

-Tamén dixo que falou cos sindicatos, e polo que eu sei falou un día antes da aprobación. O fixo para poder decir que falou con todos os axentes. Cos sindicatos falou o día anterior de aprobar a modificación do plan xeral en pleno. Si eso é falar das cousas, pois home.

- Pero perciben malestar ou inquietude nos veciños?

-O que percibimos en moitos casos é sorpresa da xente, porque o Goberno local en ningún momento lles dixo que se eliminaban as clasificacións de usos forestal e agrícola. Todo o contrario, o que mencionaban é unha reordenación do solo rústico. Cando a xente ve no mapa como queda o solo rústico, a unha cor e sen división de usos, queda sorprendida.

- Que propón entón, unha revisión a fondo do plan xeral?

-Claro, nós o que propoñemos é unha revisión do solo rústico e adaptalo á realidade e as necesidades da xente e evitar que haxa un conflicto permanente en canto aos usos, que perxudica tanto ao agrícola como ao forestal.

- O Concello alega que ordenará os usos a través dun plan especial. Di que terá unha tramitación máis flexible.

-Eso non aparece en ningún dos conceptos da lei do solo, de feito non hai ningún caso parecido en ningún concello de Galicia. Pódese facer unha ordenación a maiores dentro dos conceptos establecidos de protección forestal e agrícola, pero esto non é unha solución, eu penso que é ir contra a propia lei do solo. Dubido que a Xunta o aprobe porque sería abrir a portar a tirar todas as ordenacións do solo en Galicia e as consecuencias poden ser moi graves e moi daniñas.