O Museo dos Oleiros de Santa Cruz organiza para este sábado día 9 un obradoiro de fabricación tradicional de tellas. Un dos últimos telleiros, José Álvarez Alonso de O Rosal, será o encargado de impartir este obradoiro que terá dúas sesións: de 10.30 a 12.00 e de 12.30 a 14.00 nas Torres de Santa Cruz.

O municipio oleirense ten unha longa tradición de fábricas de tellas e ladrillos, como as de Mera, Liáns e A Gándara entre outras.

Os interesados en participar neste curso poden informarse e inscribirse no museo ou a través do teléfono 981 626 692.