A Asociación Cultural Vieiros presentará o 13 de xuño nas Torres de Santa Cruz Sermos O Diario Galego. O xornal Sermos pasa a ser así de periodicidade diaria, e centrado en temas de feminismo, traballo, cultura, ecoloxía, lingua, historia, dereitos e liberdades civís. No acto acto intervirá María Obelleiro, directora de Sermos Galiza; Xián Lois Alcayde, escritor e xornalista; Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros; e o presidente de Vieiros, Uxío Pedreira.