O Centro de Divulgación Ambiental de Santa Cruz (Ceida) expón a mostra fotográfica Antropoceno: Arte e Biodiversidade en Escenarios Urbanos de Eduardo Cortils. A exhibición, inaugurada con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente o pasado 5 de xuño, pode visitarse ata o 30 de xuño. O Ceida tambén organiza dende este sábado día 16 e ata o 23, o VI Obradoiro de Técnicas Básicas de Debuxo de Natureza, que se desenvolverá no castelo de Santa Cruz. O debuxante e ilustrador especializado en natureza Carlos Silvar será o que imparta o obradoiro, en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.