"...aquí/ acolledor pequeno mundo enorme/ Oleiros/ o vento mareiro empapoume nesta miña lingua de mareas./ A sombra aquí permanece no sal do meu outono". Ésta é a frase final da composición de Nacho Taibo esculpida nun monolito descuberto onte na rúa María Soliña de Santa Cruz na homenaxe a este autor tributada pola Asociación de Escritores e Escritores en Lingua Galega. Taibo, que recibiu a peza coa letra E de escritor, tamén prantou un carballo. Despois houbo un xantar.