A Xunta informou ao Concello de Oleiros de que vai impulsar o despregamento da rede de banda larga para o acceso ultrarrápido a internet en diferentes zonas do municipio. As localidades nas que está previsto o despregamento son: Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro y Xoez.