Os amantes da música rock e dos festivais teñen hoxe a última oportunidade para facerse coa camiseta oficial do Rock in Cambre 2018, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto. Para obtela debe obterse o cupón publicado en LA OPINIÓN dende o pasado 25 de xullo e entregalo hoxe mesmo nun quiosco para facer a reserva da camiseta, pola que deberán aboar un prezo de só 4,95 euros. Os suscriptores do xornal poden reservala no teléfono 981 217 400. Quen desexe adquirir máis dunha terá que aportar un cupón por cada unha delas e pagar tamén o prezo establecido.

Marky Ramone, Banda Bassotti, Siniestro Total, Angelus Apatrida, Heredeiros da Crus, Os Resentidos, Radio Océano e Stratos-VLC son as bandas que actuarán este ano no certame cambrés.