Os corpos de Antonio Camacho Lovato (45 anos, Antonio Montoya Camacho (40), Manuel Jiménez Montoya, 14 anos) e Antonio Montoya Camacho (16) apareceron na curva da carretera de Perillo a Sada, por onde logo fixeron o colexio Videlba. A causa da morte, segundo o franquismo, foi unha hemorraxia. Segundo a realidade, foron paseados e asaninados en 1936. Eran xitanos, de profesión cesteiros.

O BNG de Oleiros este ano rompe a tradición de celebrar o Día da Galiza Mártir en Nós e faráo en Liáns por un bo motivo: homenaxear a estas vítimas da ditadura máis descoñecidas por ser da etnia xitana pero que tamén sufriron fatalmente a represión. A conmemoración será o domingo día 19 ás 20.00 horas no adro da igrexa de Liáns, onde están soterrados, á entrada do templo á esquerda. O escritor Manolo Rivas recitará uns poemas e o grupo Maraxe e Mini poñerán a música ao acto que presentará Isabel Risco.