O municipio de Sada acollerá durante nove días as festas patronais da localidade, en honor a Santa María, San Roque e San Mamede. Dentro de la programación lúdico-festiva e relixiosa destaca a Gran Sardiñada Popular, que está declarada de Interese Turístico Nacional, na que todos os asistentes poderán degustar as exquisitas sardiñas asadas a precios populares.

Hoxe

Das 21.00 a 00.15 horas: Día da Xuventude que comezará coas actuacións de Teloneiros e Sago W, os gañadores do I Concurso de Bandas Hip-Hop Rap 2018. Despois tocará o grupo de rap hiperdimensional galego Alto Asalto e artista de hip hop galego Ricky Hombre Libre. Ademais, Desastronauts traerán o seu espectáculo de circo-teatro no que combinan trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. O broche final ao evento será o concerto de LocoPlaya.

Martes, 14 de agosto

22.30 horas: Concerto homenaxe ao pop das décadas do 80 e os 90 co grupo ferrolán Nuevo Plan. A formación musical transportará aos asistentes no tempo para bailar éxitos de grupos como La Frontera, Loquillo, La Guardia, Nacha Pop, Los Secretos, Burning, Rebeldes ou Olé Olé.

Mércores,15 de agosto

11.00 horas: Dianas e alboradas na honra de Santa María.

12.30 horas: Misa cantada pola coral na honra de Santa María seguida de procesión na Igrexa Nova.

19.00 horas: Festival Tradicional de Música Coral de Verán na praza de San Roque.

21.00 horas: Lectura do pregón.

22.30 horas: Verbena coa orquestra Ritmo Joven nos xardíns do paseo marítimo.

Xoves, 16 de agosto

11.00 horas: Dianas e alboradas na honra de San Roque.

12.30 horas: Misa cantada polo Coro Municipal Agra das Arcas con procesión acompañada pola Banda Municipal de Música.

18.00 horas: Festa dos Maiores na praza de San Roque, coas actuacións da coral A Lembranza e A Tuna de Veteranos da Coruña.

22.30 horas: A orquestra Olympus amenizará a verbena nocturna no paseo marítimo.

Venres, 17 de agosto

11.00 horas: Dianas e alboradas na honra de San Mamede.

12.30 horas: Misa cantada.

21.00 horas: Concerto da Banda Municipal na praza de San Roque.

22.30 horas: Verbena nocturna a cargo da orquestra Cinema.

Sábado, 18 de agosto

11.00 horas: Dianas e alboradas.

18.00 horas: Na área recreativa O Curruncho celebrarase a tradicional sardiñada, na que se poderá degustar a precios populares sardiñas asadas, acompañadas de broa a bebida. Os asistentes recibirán unha cunca conmemorativa de cerámica.

22.30 horas: Verbena coa orquestra Pasarela.

00.00 horas: Espectáculo pirotécnico en terra e desde plataforma fondeada.

Domingo 19 e luns 20

Nestas dúas xornadas os máis pequenos poderán desfrutar da Festa Infantil de Verán con inchables secos e de auga, animación deportiva e musical, unha gran tirolina e outras moitas actividades. A festa estará aberta ao público as dúas xornadas en horario de 12.00 a 14.00 e, pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas.