A rotura de farolas, as moreas de basura no río e ata un contenedor tirado na praia, foron algúns dos incidentes ocorridos durante as pasadas festas de Santa Cruz por parte dun grupo de rapaces que fixo botellón botellónno paseo marítimo, arredor de onde está o acceso á ponte cara a illa de Santa Cruz. Ninguén lle botou a culpa á comisión de festas senon a que un determinado tipo de orquestas atrae a xente que causa problemas como os ocorridos noutras celebracións no municipio. A comisión de festas de Santa Cruz sen embargo quixo precisar nun comunicado oficial que non poden "prohibir o 'botellón" nin teñen "medios para facelo pero fixeron "todo o posible para paliar os seus efectos negativos", habilitando contenedores por toda a praza e o paseo marítimo, con carteis de concienciación e facendo recollidas de lixo todas as medianoites.

Este colectivo tamén suliñou que rematadas as festas fixo unha "limpeza a fondo" da praza Esther Pita" e os arredores. Sinalaron que os incidentes ocorridos nalgunhas noites "nada teñen que ver cos organizadores das festas nin co pobo de Santa Cruz" nin cos "miles de vistantes" que acoden ás festas. Precisan que teñen que "lamentar" que "un sector de xente moi minoritario" adoleza de "falta de educación, civismo e respeto polo mobiliario público e a hixiene en xeral".

A comisión de festas resaltou tamén o "escaso entendemento coa Policía Local" porque na noite do 27 de agosto solicitaron a súa presenza na praza Esther Pita "para intentar controlar o remate da verbena" pero "foi denegada ao declarar que non era o seu traballo", mentres os axentes estaban no paso de peóns de acceso á festa. "Vímonos sós e desprotexidos despois de catro días de duro traballo", aseguraron. Sí que recoñeceron a axuda policial no control do tráfico e a zona azul. Tamén destacaron que cumpliron "estrictamente" o horario marcado pola autorización municipal, estando alí policías para controlalo ademais, mentres "noutras festas a rixidiez policial para o peche non foi a mesma".

Este grupo de rapaces que non cobran por organizar as festas nin reciben subvencións, tamén criticaron a medios de comunicación porque non lle deron tanta repercusión a iniciativas que organizaron como campañas de limpeza, de loita contra a violencia de xénero e o acoso, e a creación dunha App.