Os avós son os que avalan aos fillos cando piden unha hipoteca, os que os volven acoller cando se quedan no paro ou rematan unha relación, os que coidan dos nenos, os que sosteñen en moitas ocasións unha familia. Así os lembrou onte o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, quen subraiou que o Concello quere facerlle unha homenaxe a estos "piares" da familia: vai inaugurar o sábado 27 unha escultura de bronce no paseo da ría en Santa Cristina que vai lembrar a súa figura.