Asubíos é unha peza teatral inspirada no universo do escritor da obra O frautista de Hamelín que mañá sábado representará en Oleiros a compañía Elefante Elegante. Esta obra poráse en escea ás seis da tarde no auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo con entrada de balde. É necesario retirar convites, o que se poderá facer dende unha hora antes da función. O espectáculo, dirixido a maiores de tres anos, forma parte do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 de la Xunta.