18 de noviembre de 2018
18.11.2018
La Opinión de A Coruña
MIÑO

A riqueza dos topónimos de Miño divulgarase nunha charla o día 21

O evento está dentro da campaña de salvagarda da rica microtoponimia galega

18.11.2018 | 00:49
A riqueza dos topónimos de Miño divulgarase nunha charla o día 21

A excepcional riqueza toponímica de Galicia e a necesidade de preservala porque "é un compromiso colectivo como foi a súa creación", como explica o presidente da Real Academia Galega Víctor Freixanes, é o obxectivo da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que o próximo mércores día 21 chega ao municipio de Miño. Será ás 16.30 horas no centro social de A Rúa cando o especialista en toponimia Vicente Feijoo explique aos asistentes o significado e a orixe de nomes deste concello, de lugares, parroquias e aldeas. A Academia galega coordina esta segunda edición de Toponimízate en colaboración coa Xunta.

No acto os asistentes poderán familiarizarse coa aplicación Galicia Nomeada, na que se traballa para preservar e difundir a microtoponimia galega a través da xeolocalización e que estará proximamente dispoñible para os móbiles. Tamén aprenderán a consultar a microtoponimia xa xeorreferenciada no Buscador de Topónimos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones Generales 2019

Domingo 10 de Noviembre de 2019, España

Congreso de los Diputados

esquelasfunerarias.es