O prazo para a presentación de traballos para participar no certame de narracións breves Manuel Murguía, que organiza o Concello de Arteixo, estará aberto ata o 15 de febreiro. Neste concurso literario poden participar todos os autores que o desexen con unha única obra de temática libre e que deberá estar escrita en lingua galega. O primeiro premio está dotado con 4.000 euros, o segundo con 1.000 e o terceiro posto con 500 euros.